Friday 17 de May de 2024

O Concello de Noia acomete actuacións de roza e limpeza no rural do municipio


A brigada de obras do Concello de Noia está a acometer estes días actuacións de limpeza e roza nas estradas do rural do municipio. “Esta semana rozamos co tractor toda a estrada dende Santa María de Roo ata Castro Lampreeiro e cara a Pesquería do Tambre e hoxe empezamos a actuar nas pasarelas peonís do Testal”, explica o concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón.
Así mesmo, durante os últimos días o Concello de Noia procedeu á limpeza dos accesos ao interior de Boa e das marxes da estrada do Obre, onde en breve se rematará tamén coa limpea das beirarrúas. O concelleiro de Obras adianta que “continuaremos facendo traballos de roza e limpeza en todas as parroquias do rural ao longo das próximas semanas, co obxectivo de facer canto antes os traballos que non se puideron acometer durante o confinamento e poñer así en valor os nosos espazos públicos para o desfrute dos veciños e veciñas de Noia”.